miércoles, 15 de abril de 2020

Recomendacións da Sección de Psicoloxía Educativa do copgalicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19


PARA O ALUMNADO:
  • Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. Pensa que esta situación é transitoria.
  • Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable. Coidado co que colgues nas redes.
  • Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade. 
  • O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica. 
  • É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.

 PARA AS FAMILIAS:
  • Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas. 
  • Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa. 
  • Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais. 
  • Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen. Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas.
  • Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.

 PARA O PROFESORADO:
  • Racionalizade o traballo que enviedes ao voso alumnado. Lembrade que o alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando por unha situación de estrés transitoria. 
  • Non todo son cuestións académicas, non esquezades o eido emocional do voso alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario