Fondo solidario de libros de texto e material escolar 2020
A Consellería de Educación convoca o Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
Tipo de axudas:
a) Participación no fondo solidario de libros de texto do centro educativo, para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), de 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de EP, e de educación especial (EE), cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %.
c) Axudas para adquirir material escolar para alumnado de EP, ESO e EE.
Opcionalmente, poderanse tramitar as solicitudes de xeito presencial na secretaría do centro, que estará aberta en HORARIO de 09:00 a 14:00 horas.
Seguindo as recomendacións sanitarias, co fin de minimizar os riscos que conleva esta situación, imos establecer un calendario escalonado de turnos para os distintos cursos e así intentar evitar a concentración de persoas na medida do posible. Lembramos a obrigatoriedade do uso da mascarilla hixiénica en espazos cerrados de uso público nos que non sexa posible manter a distancia de seguridade interpersoal.
Alumnado de 6º de Infantil para 1º de PRIMARIA | Alumnado de 1º de primaria para 2º de PRIMARIA | Alumnado de 2º de primaria para 3º de PRIMARIA | Alumnado de 3º de primaria para 4º de PRIMARIA | Alumnado de 4º de primaria para 5º de PRIMARIA |
| XOVES 21 de MAIO | VENRES 22 de MAIO | LUNS 25 de MAIO | MARTES 26 de MAIO | MÉRCORES 27 de MAIO |
| XOVES 04 de XUÑO | VENRES 05 DE XUÑO | LUNS 08 de XUÑO | MARTES 09 de XUÑO | MÉRCORES 10 de XUÑO |
Alumnado de 5º de primaria para 6º de PRIMARIA | Alumnado de 6º de primaria para 1º da ESO | Alumnado de 1º da ESO para 2º da ESO | Alumnado de 2º da ESO para 3º da ESO | Alumnado de 3º da ESO para 4º da ESO |
| XOVES 28 de MAIO | VENRES 29 de MAIO | LUNS 01 de XUÑO | MARTES 02 de XUÑO | MÉRCORES 03 de XUÑO |
| XOVES 11 de XUÑO | VENRES 12 de XUÑO | LUNS 15 de XUÑO | MARTES 16 de XUÑO | MÉRCORES 17 de XUÑO |
Os días 18 e 19 de xuño quedarán disponibles para aqueles que por calquera circunstancia, non poidan facer o trámite nas datas anteriores.
DOCUMENTACIÓN:
De modo xenérico a documentación a aportar será a seguinte:
- Solicitude ANEXO I e II
- Fotocopia e orixinal para cotexar do LIBRO DE FAMILIA
- Fotocopia e orixinal da sentenza xudicial ou convenio regulador no caso de separación ou divorcio.